"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

martes, 15 de abril de 2014

Funda móbil

Outra práctica funda para o móbil, en gris. Está bordada e rematada cunha madeixa de bordar de varios tonos, neste caso rosas. Engadinlle un muffin adobiado con lentexoulas e xa está... a que queda bonito? Esquecía comentar que o feltro que usei para facer a funda, é diferente do que usei para facelo muffin, xa que é máis groso, para unha maior protección.


Para pechar a funda simplemente engadín un pedaciño de velcro




Está feito e rematado con festón, agás as raias do muffin, que están feitas con puntada atrás

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: