"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

luns, 30 de xuño de 2014

Banquetiño para costura

Xa vai tempo que pintei este banqueto para a miña nai, costureira de afección, para poñerse cómoda nas súas labores; especialmente na costura.
Vernicei o banco completamente de betún de xudea, xa que ó ser de madeira de piñeiro era moi clariño, e notábanse as pegadas, e así semella ser outro tipo de madeira coma castiñeiro. Ó mesmo tempo, tamén parece máis antigo.
A flor e o nome pinteinas con pintura acrílica e cubrinas con Oleo-alkyl para protexelos das pegadas, e facelo así máis "sufridiño".
Quedou bonito?


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: