"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

sábado, 19 de xullo de 2014

Reciclando botellas

Reciclei esta botella de licor para usala como adorno ou botella de viño caseiro. 
Para iso púxenlle unha aplicación de uvas, impresas polas dúas caras, e cubrina con Oleo-akyl, primeiro por un lado para fixalo á botella e polo outro lado para evitar que se deteriore o papel co uso. 
Para fixalo simplemente din unhas pinceladas por toda a superficie, extendendo moi ben, e polo lado exterior fun dándolle relevo a cada uva, facendo redondeces co pincel, e tamén dando forma na folla. 
A boca da botella cubrina de pintura satinada dorada, e tamén o tapón, e incrusteille pedrería para darlle un toque máis elegante. Como me sobraban algúns racimos, do mesmo xeito fixen dúas botelliñas a xogo.

Para as uvas merquei unha lámina de aplicacións

As aplicacións teñen dobre cara, para usar especialmente con cristal

A pedrería que usei é a que se adoita usar para incrustar en prendas

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: