"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

venres, 11 de xullo de 2014

Saquiños perfumados

Utilicei restos de telas para facer saquiños perfumados para o armario, adornándoo cun pequeno detalle de froitos secos, no caso da bolsiña de arpilleira, e fita e feltro, no caso da bolsiña de liño. Tamén pode servir para agasallo de boda, contendo doces, bolígrafos, candeas... e calquera pequeno agasallo que poidamos imaxinar, dándolle un toque persoal. 
En tela de arpilleira con adobío de froitos secos
En tela de liño, con fita e margarida en feltro. A parte amarela da margarida é un pequeno pompón.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: