"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

xoves, 16 de outubro de 2014

Colar

Unha das cousas de manualidades que máis me gusta facer son os aderezos; colares, pendentes, broches... sempre coa idea de combinalos coa roupa ou outros adobíos. Para este colar merquei unha cadea metálica cor prata brilante, un broche para pechalo, en prata tamén, así coma os topes metálicos para manter as doas fixas (que non corran pola cadea) e doas de plástico en azul e amarelo. Basicamente houbo que montar as pezas... e rematado!!! Cuns alicates enganchei o broche á cadea, e fun colocando as doas e os topes. Para fixar os topes á distancia axeitada da cadea, só hai que apertalo cos alicates. Son como boliñas metálicas que ó apertar se deforman e quedan suxeitas á cadea.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: