"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

luns, 8 de decembro de 2014

Coroa de Nadal

Chegou a ponte na que todo o mundo aproveita para para disfrutar dunha pequena viaxe ou tamén de estar na casiña descansando no ambiente máis familiar, e adobiando a casa para o Nadal. Para empezar cos adornos nestas datas, preséntovos esta sinxeliña coroa de Nadal, que ten como base unha simple coroa de bimbio, a cal ulilizo para tódolos eventos do ano (en USA está sempre  está na porta; Nadal, San Valentín, San Patricio, Pascua, Festival da Primavera, 4 de Xullo, Harvest, Samaín, Thanksgiving...) A coroa é a mesma, e só vou cambiando os adorniños. Esta máis simple non pode ser, unha fita... e xa está!!!

Simplemente envolvín a fita ó redor deixando un anaco por cada lado para a lazada

Esta é a coroa do Nadal pasado, adornada con carocas e fita verde.

A mesmiña con ovos de Pascua de corcho, pintados e adornados con lentexoulas e fitas de rafia. Parece un niño cos ovos, va que si?



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: