"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

xoves, 28 de maio de 2015

Pendentes Alga Mariña

Fixen estes pendentes para unha rapaza, para combinar cunha camiseta de veludo verde escuro, rematada en pico, e pola beira do escote levaba unha tira de lentexoulas na mesma cor. 

Merquei as partes, dous enganches para as orellas e dúas variñas con tope, e metín doas e lentexoulas, alternando dúas doas e unha lentexoula, ata chegar case á beira da variña, deixando un anaquiño para poder dobrar o metal cuns alicerces e unilo cos engaches das orellas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: