"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

xoves, 18 de xuño de 2015

Meiguiña da sorte

Esta meiguiña en realidade é un broche. Está enteiramente feita con feltro agás o pau da vasoira, que é un escarvadentes, e a vasoira está feita cunha tira de feltro amarelo cortado a tiras e logo enrolado e cosido. Para darlle un toque delicado, unha faldiña de tul. A cor escollida é a violeta, porque na cultura chinesa simboliza o benestar da familia, a parella, a prosperidade, o amor e a beleza, aínda que o significado que a min máis me gusta é que se trata da cor símbolo de NON Á VIOLENCIA SEXISTA. Xa teño ganas de facer moitas e de moitas cores para repartir moita sorte.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: