"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

sábado, 6 de setembro de 2014

Bandexa

Esta bandexa fíxena de novo completamente, pero a idea tamén pode servir para reciclar un marco antigo que teñamos na casa (ou simplemente bonito), aplicándolle un cristal e uns agarradores. Somentes teremos que enmarcar, coma se dun cadro se tratase, o que queiramos para decorar o fondo (xa teño visto fondos de patchwork, bolillos, punto de cruz, flores secas, collage de fotografías...), ou, coma neste caso, decorar o cristal.
Para decorar o cristal, simplemente peguei con Oleo-Alkyl unhas aplicacións de flores en papel de arroz, que recortei dunhas láminas, aínda que tamén se pode usar un recorte dun pano de mesa estampado. De seguido, cubrín cunha boa capa de berniz Mixtion todo o cristal, e espallei unha area brillante especial para manualidades, con forma de flocos grosos, e despois de deixalo secar unha noite, retirei os flocos sobrantes, e xa quedou listo para enmarcar, elixindo un marco axeitado á decoración do cristal. Unha vez enmarcado, só quedou perforar o marco para aplicar os agarradores nos dous laterais. Escollinos con flores amarelas, de porcelana, e imitando a antigo, para que fose acorde co conxunto.

Bandexa con leiteira e azucreiro
O marco é verde e dourado coma as flores

Elexín unha roseira para unha esquina e unha rosa grande para a esquina contraria, xa que buscaba contraste


Aquí apréciase mellor a roseira e tamén os flocos, brancos e con matices en prata

Detalle da rosa. Como se pode ver, o papel de arroz é tan fino que transparenta o fondo da bandexa, e queda moi elegante

Usei estes agarradores de caixón, con flores amarelas igual co fondo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: