"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

venres, 19 de setembro de 2014

Broches de escaiola

Pequenos broches de escaiola pintados e decorados con pedrería. Prestáronme uns moldes moi bonitos para facelos, e aquí están xa decorados. A folliña ten perfilador facendo o debuxo da folla, sobre fondo verde, e unha pedriña dourada, e o elefantiño está pintado en tonos gris e marrón, e ten múltiples pedriñas, facendo o ollo e os adornos de cabeza, pés e lombo. Pola parte de atrás peguei un broche xa adaptado a este tipo de manualidades.

Está pintado en verde satinado e perfilado en dourado

Pequeno elefantiño en miniatura, en gris e marrón

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: