"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

martes, 6 de xaneiro de 2015

Bolsiña da elfa

Fixen esta bolsiña para un galano, para meter no interior unha bufanda. A bufanda está tecida en lá cor rosa, violeta e turquesa, e para a bolsa usei as mesmas cores. De feito, o peliño da elfa e e os flequiños do vestido están feitos coa lá sobrante da mesma.

Para a bolsa precisei feltro turquesa, violeta, rosa fucsia e chicle, e catro pompóns nos mesmos tonos (un grande para o gorro e tres pequenos para o vestido, que fan o centro de cada flor de tres pétalos). 

Para unir as pezas usei fío de bordar en varios tonos de rosa, e a cara bordeina con fío negro e rosa. As puntadas utilizadas son as básicas, puntada escondida e festón para coser e rematar as pezas, e cadeneta e punto básico margarita para bordar o nome na estreliña. 

Non usei patrón, igual que no caso da bolsa do apalpador ou algúns anteriores, simplemente fun debuxando as pezas directamente no feltro. Para debuxar a estrela usei un molde de galletas.
Publícoo hoxe, xa o mellor uso que pensou a rapariga á quen llo regalei foi o de bolsa recolle-caramelos para o día da cabalgata de reis. Feliz día a todos!!!!
 
A elfiña dorme na súa almofada-estrela.

Bufanda a xogo, xa publicada noutra entrada.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: