"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

xoves, 1 de xaneiro de 2015

Chegou o Apalpador!!!

Non importa se ven desde o Courel, Os Ancares, ou O Cebreiro... non importa se ven en Noiteboa ou na noite de Fin de Ano... o que importa é que O Apalpador, este entrañable carboeiro bonachón, nunca se esquece dos nenos galegos, aínda que nun tempo o esquecésemos a el. Este ano tan duro, de recortes e desemprego esperámolo con máis forza, xa que é inimigo da fame, e se preocupa máis que os nosos políticos de que os nenos esteñan ben mantidiños e sexan felices. Esta é a miña pequena homenaxe ó Apalpador... que onte chegou a Oeiras a visitarme e palpar a barriguiña da nena que hai en min, e esqueceu a súa bolsiña máxica de castañas. Espero que vos guste.

Feita integramente con feltro, agás os ollos que son de plástico.

A peza verde é un pequeno peto, para que o Apalpador meta a súa navalla para facer figuriñas de madeira.


Está cosido con festón e puntada escondida.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: