"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

venres, 13 de marzo de 2015

Pendentes Arco da Vella

Agora que chega o bo tempo, e as ganas de poñer roupiña de verán fresca e con moita cor, fixen estes pendentes con todas as cores posibles, para que combinen con todo e poñan vida e alegría. 
Para facelos merquei as pezas, dous enganches, dous aros, e doíñas de diferentes cores. Fun metendo as doas nos aros, facendo un patrón de cores, e cando rematei, pechei o cabo do aro cuns alicerces. Para darlle esta forma de espiral, funo enrolando ó redor dun lápis. Despois só queda unir as espirais ós enganches das orellas. Espero que vos guste!!!!

As doíñas son de plástico transparente.

A parte de abaixo dos enganches é a que se ten que abrir un pouquiño cos alicerces, para meter no buratiño do aro.
O aro ábrese por un extremo e vanse metendo as doas. Se se quere deixar como aro, non fai falla máis que voltalo a pechar, se se quere deixar en espiral, cérrase o extremo do aro cos alicerces para que non caian as doas, e vaise enrolando nun lápis para darlle forma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: