"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

venres, 6 de marzo de 2015

Peto para o Sr. Pérez

Cando era pequena, imaxinábame ó rato Pérez como un intrépido ratiño capaz de encontrar o dente que lle ofrecía nos lugares máis insospeitados e perigosos como a vella cociña de leña. Todo foi porque miña madriña, vendo que me caera aquel dente que penduraba dun fío, me dixo... "hai que tiralo ó lume... pecha a man forte, e di: Lume, lumiño, toma este dentiño, para que me saia outro, ben dereitiño..." cando xa estaba no lume, dinme conta que non tiña nada que ofrecerlle ó Sr. Pérez e chorei amargamente... e entón miña nai para consolarme díxome que el era algo así como un heroe que o collería do lume. Ó día seguinte vin unha moeda de 20 pesos ó carón da porta do meu cuarto cunha ducia de caramelos, e dixen para os meus adentros... pois si que é valente para ser un ratiño!!! 
Aquí vos deixo un peto feito en feltro para que o ratiño saiba onde coller o dente e deposite alí o seu aguinaldo.
Feito integramente con feltro, agás os ollos, que son de plástico.
Cosida con festón con fío de bordar multicor.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: