"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

luns, 6 de abril de 2015

Cadros de flores secas

Vai un tempiño, xa vos mostrei un cadro que fixen con flores secas; era concretamente o cadro da marxe superior dereita deste conxunto. Agora simplemente completeino con outros marcos que gardaba do Ikea e outras flores e follas que puxen a secar entre follas de xornais prensadas (ou simplemente con peso por riba) durante 15 días. Coloqueinos de forma simétrica facendo un elemento, xa que, aínda que os contidos son moi diferentes, a evocación é a mesma.

Tódolos elementos están fixados a unha cartulina branca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: