"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

martes, 12 de maio de 2015

Diario fadiña

Unha libreta, un lápiz, fita, 2 pompóns amarelos, 2 ollos de plástico, goma eva cor carne, verde e amarelo, e goma eva prata brillante. Mirade con que pouquiñas cousas transformamos unha libreta simple nun diario ou caderno.

Primeiro recortei dous rectángulos de goma eva verde e dous anacos de fita que servirán para pechar a libreta cunha lazada. 
Para poñer a fadiña pequena no lápiz, recortei outro rectángulo verde, enroleino ó redor, facendo un cilindro, e cun pouco de loctite  (xunto coa silicona é o mellor adhesivo para este material) fixeino así enrolado, evitando que quede pegado ó lápiz. 

E agora tocan as fadiñas, grande e pequena. Simplemente hai que debuxar e recortar o patrón en papel, e calcalo pola parte interior da goma eva cun lápiz. A parte interior é a que vai pegada á libreta e ó cilindro, e así non se notan as lapizadas. Logo queda recortar as partes calcadas na goma e pegalas. Ós pompóns, ollos e á fita que adorna o pelo tamén lles puxen Loctite.

As pestanas e o nariz da fadiña grande e toda a cara da fadiña pequena foron debuxados cun rotulador indeleble.

A lazada do pelo da fadiña grande, está pegada só polo nó, xa que lle dá máis volume e queda máis vistosa.

Nas meixelas da fadiña puxen un pouquiño de rubor cun pincel de maquillaxe.

O lápiz está composto polo cilindro verde, a fadiña, eunha lazada pola parte contraria onde vai esta.

Os pompóns da fada pequeniña están feitos con goma eva xa que son moi pequenos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: