"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

martes, 28 de abril de 2015

Encaixe para toalla

E seguimos con encaixe de Camariñas... esta é a segunda peza que fixen, que tamén adoitan facer as aprendizas despois da gitana. Para facela hai que aprender catro puntos básicos: "par enteiro", "zurcido", "medio punto" e "araña". Para incrustar máis facilmente, na beira fixen o "pé de Camariñas". Está feita en fío branco Cometa do número 20, coma a gitana, e 36 palillos. Gardábaa para unha ocasión especial, e, agora que teño unha peza de liño, vou facer unha toalla con ela... quedaría preciosa nun augamanil, verdade? Xa vos ensinarei como queda!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: