"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

martes, 21 de abril de 2015

Gitana

Velaquí a miña primeira puntilla de encaixe de Camariñas; a gitana. Penso que pola zona de Camariñas empezan a palillar facendo, como primeira peza de encaixe, as conchiñas, mais pola miña zona todas as palilleiras nos estrenamos coa gitana. Para facela, só hai que aprender os puntos "par enteiro", "zurcido" e "pé de Camariñas" para despois poder incrustar con máis facilidade. Está feita con fío de Cometa do número 20, e 20 palillos. É moi sinxela e finiña, pero as cousas máis sinxelas son as máis bonitas, non si?








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: