"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

sábado, 1 de agosto de 2015

Pendentes flor altea

Seguimos engadindo múltiples combinacións para lucir con escotes de verán.
Preséntovos os pendetes flor de altea, discretos e sinxelos. Estes seguen o mesmo método algunhas entradas anteriores; leva dúas variñas, dous engaches para a orella, doas pequeniñas de cor morada e transparente, e dúas doas grandes tamén moradas e transparentes. A variña ha ter tope, e iremos colocando a doa grande, as pequeniñas, combinadas, e, coma sempre, deixaremos un anaquiño de metal sen encher para poder dobralo cos alicerces en forma circular e así unilo ós enganches das orellas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: