"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

mércores, 12 de agosto de 2015

Pendentes Nusky-Pusky

Estes pendentes evócanme a ledicia dun reencontro entre dúas irmáns da alma e do corazón. Feitos con moito agarimo para quen sempre está ó meu lado aínda que nos separen miles de quilómetros.

Coma moitos modelos anteriores, precísanse dúas variñas metálicas con tope, dous enganches para as orellas, uns alicerces para unir estas dúas partes, e dúas flores metálicas perforadas por ámbolos dous lados. 

Para comezar ponse a flor metálica por un lado, despois engadimos unha doa pequeniña negra, unha mediana, outra pequeniña, e xa podemos poñer o outro extremo da flor.
Logo encheremos con doas pequeniñas negras ata deixar un pouquiño de metal para dobrar en círculo e así unir ós enganches das orellas.

As doas máis grandes son de cristal, e as máis pequeniñas de plástico.

1 comentario:

  1. Grazaaasss!!!! Que ilusión me fixo que o meu nome dea identidade a uns pendentes tan bonitos!!! Quérote moito, Pilariña.

    ResponderEliminar

Comentarios: