"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

xoves, 10 de abril de 2014

Letras para Aldara


Estas son as letras que fixen para Aldara, para que a súa nai llas poña ou na porta do seu cuarto ou na cabeceira do berce... ou mesmo nunha cortina ou dosel... Aínda non lles puxen nada por detrás, porque dependendo do lugar onde se apliquen porei velcro ou broches. Espero que vos gusten!!!


O feltro empregado para facer as letras é feltro vermello normal e feltro estampado con olliños de veludo. Os animáis e as folliñas están feitos con feltro normal.


Para os adobíos da flor usei feltro normal e un pompón amarelo, e bordei as follas con cadeneta no medio, e remateinas a festón, coma as folliñas das letras i e d.

Tamén bordei con cadeneta o sorriso do rei-rei. Os ollos son de plástico e o rei-rei pequecho que está á beira da folla é de madeira.

A setiña está rematada con festón nas mesmas cores, a diferenza das letras nas que o festón está feito a contraste.









A cuncha do caracol está bordada a cadeneta en tres tonos diferentes, marrón, ocre e crema. O sorriso tamén. os ollos son de plástico.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: