"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

sábado, 17 de xaneiro de 2015

Caixiña azul

As caixiñas sempre son últiles e tamén decorativas... por iso me gustan tanto!!! aquí vos amoso unha moi simple, cunha mínima decoración na tapa. Está pintada en azul bebé por fóra e violeta por dentro (para iso mesturei azul cobalto e rosa fucsia) e coa pintura sobrante do interior, decorei a tapa cunha lazadiña e unhas poliñas con flores. Como podedes ver, a pintura azul está moi líquida e pouco cubrinte, o que buscaba é darlle un efecto envellecido, por iso tamén a lixei moi pouquiño. Despois incrusteille pedrería e berniceina. Cando estivo lista metinlle uns bombóns... e quedou preparada para regaliño!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: