"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

venres, 14 de novembro de 2014

Caixiña de bolboretas

Sempre me gustaron as caixiñas, de feito teño unha colección pequena, de diversos materiais, pero as que máis me gustan son as de madeira.

Encántame mercalas en diferentes lugares, de algún viaxe que me recorde a ese lugar; sobre todo se teñen un aire étnico ou son tradicionais, pero tamén me gusta decoralas, facendo combinacións con caixas de diferentes tamaños ou xogos decorativos con outras pezas que xa existen no lugar onde se vai colocar.

Esta caixiña, é unha delas. Para darlle cor usei unha pintura acrílica, e mesturei rosa fucsia e azul cobalto para obter este ton morado. Para o interior, usei azul bebé acrílico. Unha vez seca, recortei estas bolboretas dun tissue e apliqueinas con óleo alkyl á caixiña. Á bolboreta que está preto da pechadura, tiven que darlle un corte e aplicala a ámbolos lados da caixa. Unha vez secas as bolboretiñas, extendín a pinceladas perfilador dourado de releve, para darlle un toque "máxico", e dinlle berniz de releve ás ás das bolboretas. Por último apliquei berniz nomal por toda a caixiña, por dentro e por fóra. Espero que vos guste!!!!





1 comentario:

  1. És unha artistaza! Porque só unha persoa con unha sensibilidade especial pode facer cousiñas tan bonitas.

    ResponderEliminar

Comentarios: