"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

venres, 23 de xaneiro de 2015

Cunquiña de cristais

Comezo esta entrada de aniversario (hoxe Arroliños fai un aniño!!!) agradecendo a toda a xente que se asoma por aquí a ver a nosa creatividade e ilusión, xa que sen vós, este blog non tería sentido ningún. Parece que foi onte cando Arroliños comezaba a súa primeira entrada dando a benvida ó seu humide espazo, e presentando a súa variña máxica de arrolar, pero o tempo pasa e nunca pasa en balde. Moitas grazas por todo, e a seguir facendo anos xuntos!!!!

A cousiña que vos amoso hoxe, está tan chea de luz coma a nosa ilusión. Trátase dunha cunquiña de cristal, que merquei no Ikea e á que lle apliquei cristais pequeniños, que fun recollendo na praia, a modo de mosaico. Apliquei unha capiña de cola e extendina cun pincel. Funlle poñendo os cristaliños pouco a pouco, encaixando as pezas coma un puzzle, e despois de deixalo secar, apliqueille unha capiña de berniz.

Agora a miña idea é poñerlle unhas cunchiñas no interior, auga e unha candea flotante... e a disparar luces de cores!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: