"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

domingo, 15 de febreiro de 2015

Poñotodo de decoupage

Práctico poñotodo de decoupage... poñotodo e paratodo... pode servir para por o xabrón ou cosméticos no baño, bombóns ou caramelos na mesiña do salón, as xoias de tódolos días na mesiña de noite... as chaves na entrada da casa...
Para facelo merquei unha bandexiña cadrada de vidro, que se pode conseguir en calquera bazar, púxeno cara abaixo e e cun pincel apliquei unha capiña de Oleo-Akyl, tendo preparado un pano de mesa de papel para poñer no fondo. Para iso abrín o pano de mesa, que adoita estar pregado en cantro partes, e quiteille unha das capas (só precisamos unha para que poida fixarse ben no fondo). Pouco a pouco funo colocando para non deixar pregues ou burbullas de aire. Despois queda recortar ben os bordes do pano de mesa e aplicar varias capas de berniz ou Oleo-Akyl para protexelo.

Feita cun pano de mesa de fondo verde e margaridas.

Pensado para poñer caramelos e doces na mesiña do salón.

Na base puxen catro autocolantes de feltro nas catro esquinas para protexer a mesa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: