"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

sábado, 29 de novembro de 2014

Conxunto de bebé multicor

Xogo de chaqueta, bufanda e gorro para un bebé de seis meses. É moi sinxeliño de facer!!! Calceteino cunhas agullas do 5 en USA, que ven sendo 3,75 mm aquí, nunha mesma lá en varias tonalidades. 
Para a bufanda montei 20 puntos e calcetei en punto de media (unha volta do dereito e outra do revés) ata obter 75 cm.
Para o gorro, montei 40 cm de puntos. Así calcetaremos todo seguido, do dereito, sen facer ningunha diminución, ata obter 9 cm. Entón comezamos a diminuír. Na primeira volta calcetamos oito puntos do dereito e dous xuntos, e así ata rematar a ringleira, e logo calcetamos o revés da volta todo seguido. Na segunda volta, calcetamos 7 puntos do dereito, e dous xuntos, e así ata rematar a ringleira, e calcetamos o revés da volta todo seguido. A terceira volta serán 6 puntos do dereito e dous xuntos, e a cuarta 5 puntos do dereito e dous xuntos e así sucesivamente ata acadar os 5 cm da parte superior. Logo o que queda é rematar e coser.
Para a chaquetiña indícovos aquí o patrón:
http://yarntootin.typepad.com/5hourbabysweater.pdf








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: