"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

domingo, 24 de agosto de 2014

Reloxio hindú

Para min, este reloxio é a estrela de Arroliños da Lúa ata este momento. Forma parte da decoración da entrada principal da miña casa.

Está feito con dúas bases de táboa diferentes; a táboa de fondo e outra superposta, con forma de mezquita, que enmarca a circunferencia do reloxio. As dúas táboas foron cubertas de tissue; a primeira pegueina con Oleo-Alkyl tal como viña o estampado do tissue, e na segunda táboa recortei un elefante do tissue para coroar a parte superior. Logo de cubrir as dúas bases con Oleo Alkyl para protexer o tissue, pegueinas e incrustei adornos metálicos para adornar os elefantes, as pequenas flores e o estampado de cachemire, no que usei brillantes transparentes, brillantes de cores, puntiños metálicos e pétalos metálicos violetas. Para finalizar, apliquei uns puntiños de perfilador dourado nas patiñas dos elefantes e cunha esponxiña usei un pouquiño de pintura do ferfilador para darlle esa matiz dourada a toda a superficie. Tamén usei perfilador en color bronce para perfilar a táboa con forma de mezquita.

En canto á esfera, pintei unha circuferencia con betún de xudea a brochazos circulares, e pegueille uns números romanos de plástico dourado. Para darlle unha forma ovalada á circuferencia, co perfilador dourado repasei toda a circunferencia con puntiños de relevo, marcando moito máis dous laterais opostos; a marxe dereita superior, e a esquerda inferior. Coloquei a maquinaria na parte posterior, escollendo unhas agullas douradas acorde co conxunto. 

Para o marco, elexín este modelo que semella  canas de bambú, e concorda moi ben co aire étnico do reloxio. Como podedes ver na segunda fotografía, tamén elexín o marco polos adornos que xa tiña na entrada.

Reloxio hindú
Detalles do elefante; incrustacións en pedrería e toques de perfilador.


Canas bernizadas con betún de xudea e atadas con rafia.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: