"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

domingo, 14 de decembro de 2014

Adornos para a árbore de Nadal

Seguimos cos adobíos para o Nadal; xa adianto que este mes vai estar dedicado completamente a estas datas. Vai pasando o tempo, os anos, pero a súa maxia nunca deixou de fascinarme.
 Aquí vos amoso un adorno para a árbore feito con feltro, e para facelo só precisei feltro vermello, verde, branco e beige, dous olliños de plástico, un axóuxere, dous pompóns grandes vermellos e un pequeno da mesma cor.
Logo queda coser tódalas pezas, menos os olliños e o pompón pequeno que lles puxen cola, e xa está.
Como podedes ver o carpín está cosido polo interior, xa que non se ven as puntadas, e a beira branca está cosida a festón con fío de bordar vermello. As folliñas de acivro están cosidas a festón, con fío da mesma cor, e bordadas con cadeneta no medio de cada folla, cun fío verde máis claro. A cara do pai Nadal está cosida con puntada escondida, e tamén os seu gorro, que rematei cun pequeno axóuxere. Agora xa está listo para colgar na árbore!!!

É un modelo pequeniño para pendurar da árbore, pero facéndoo de maior tamaño tamén quedaría bonito na lareira para recibir os gananos!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: