"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

sábado, 22 de novembro de 2014

Caixiña con fada

Moi sinxeliña esta caixa, para que garde os seus segredos unha rapariga. Pintei os caixóns con amarelo mate, e a estrutura da caixa con verde brilante. Na parte superior, difuminei no verde unhas pinceladiñas de amarelo, dándolle un efecto de mármore. Logo dinlle unha capiña de berniz e cando estivo lista, botei un pouquiño de cola a unha figuriña dunha fada, e coloqueina nunha esquina. Penso que quedou un bonito contraste de cores...

Pensei en pintar os agarradores en verde tamén, pero pareceume máis elegante manter o cor dos caixóns.

A parte superior da caixiña é diferente do resto da estrutura, que tamén foi pintada en verde brilante, pero arriba difumineina co mesmo amarelo que os caixóns para darlle un efecto mármore.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: