"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

venres, 29 de xaneiro de 2016

Gardalambetadas de Martina

Fixen este gardachuches reciclando un bote de Nutella. A que quedou lindo? Tamén se lle poden dar outras utilidades... todo está na imaxinación... non é?

Para facelo utilicei o bote de Nutella, goma eva de cores, pegamento de contacto, unha bola de porexpan (cortada á metade) e rotuladores de cores.

Primeiro fixen a tapa, pegando a metade da bola de porexpan ou cortiza branca con pegamento de contacto á tapa. Unha vez seca, cortei un anaquiño de goma eva rosa e quenteino co ferro de pasar, para así, unha vez quente, poder pegala co pegamento de contacto de xeito que se amolde dunha forma esférica, sen que quede enrruga ningunha, e incluso a estirei un pouco para que isto non acontecese. Unha vez seca, cortei o material sobrante, e logo outra peza rectangular da mesma cor para tapalas beiras da tapa. 

Despois só quedou adornala, con  goma eva marrón imitando a xarope de chocolate, fideos de cores de restos doutras manualidades, un barquillo de goma eva enrolada, tiras da mesma goma en branco imitando a nata montada... o que a imaxinación queira!!!! 

Para o frasco cortei pequenos pedazos rectangulares en azul e funos pegando ó redor, xa que o recipiente ten un xeito ovalado e había que adaptar o material á forma. Nun frasco circular tamén se podería poñer unha peza exclusivamente.

A continuación, fixen da mesma cor unha circunferencia para o fondo e dinlle un sombreado con rotuladores de cores para que imitase o vasiño dun xelado. Para darlle o último toque, púxenlle un letreiriño ó vaso, escrito con rotuladores de purpurina.
 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: